3 mar 2015

Pancho y su máquina de hacer cuentos

Con este programa podedes crear contos on-line co voso alumnado seguindo estes sinxelos pasos:


  • Elixir un escenario.
  • Engadir personaxes e música.
  • Escribir a historia.




O Rato Paco

O Rato Paco é unha páxina de recursos educativos do CEIP de Palmeira.

Nesta páxina podemos atopar cadernos de traballo agrupados por áreas e ciclos, ademais de un apartado especial para a Educación Infantil e outro para os Contos do Rato Paco.

Clicade na imaxe para acceder ao recurso.


Envía arquivos de ata 2 GB con Wetransfer

Wetransfer é unha ferramenta gratuíta que nos permite enviar arquivos de ata 2 GB de capacidade.

Non hai que rexistrarse, só hai que seguir estes 5 sinxelos pasos:

1. Subir o arquivo.
2. Poñer o e-mail do destinatario.
3. Poñer o teu e-mail.
4. Escribir un comentario.
5. Pinchar en transferencia.




Pinchar na imaxe para acceder á páxina.


Presentacións con Prezi



Prezi é unha ferramenta innnovadora que che permite axudar a organizar e compartir as túas presentacións dun xeito moi visual.

Clicando na imaxe podedes acceder á páxina principal. Temos que rexistrarnos de xeito gratuíto para poder comezar a traballar.


Un exemplo.





Cómic Roberto Vidal Bolaño creado con Pixton

Crea comics on-line con Pixton

Pixton é unha ferramenta que nos permite crear cómics empregando gran variedade de fondos, personaxes, obxectos decorativos...

Pixton tamén nos permite subir as nosas propias imaxes e modificalas engadindo bocadillos.

Para comezar a empregar Pixton temos que rexistrarnos. Unha vez que xa temos conta podemos comezar a traballar dende a páxina "crear".

Clicar na imaxe para acceder ao recurso.



Crear nubes con Wordle

Tal e como eles se definen, Wordle é un xoguete para xerar "nubes de palabras" do texto que nós mesmo lle proporcionamos.



Proxecto #Guappis

O Proxecto #Guappis é unha ferramenta para traballar na aula a través das aplicacións para móbiles e tablets.

É un traballo colaborativo levado a cabo por diferentes profesionais do mundo da educación, entre os que se atopan especialistas en distintas materias e en distintas etapas educativas.

Os obxectivos que pretenden acadar coa implantación e difusión deste proxecto son:

  • Incorporar os dispositivos móbiles aos procesos de ensino-aprendizaxe.
  • Mellorar a comprensión e a expresión tanto oral coma escrita do alumnado.
  • Aprender a empregar algunhas ferrametas que nos axudarán a xestionar a aula como docentes.
  • Fomentar a creatividade do alumnado.
  • Traballar as diferentes competencias básicas a través de ferramentas e aplicacións que se poden empregar nas diversas áreas curriculares.
  • Traballar aspectos do currículo oculto como a autonomía e a autoestima do alumnado.
  • Potenciar a participación e a interacción entre o alumnado.



Podedes consultar o seu blog no seguinte enderezo: http://proyectoguappis.blogspot.com.es/ 







Banco de recursos do INTEF

O banco de recursos do INTEF (dependente do Ministerio de Educación), ofrécenos unha gran selección de fotografías, ilustracións, sons... que podemos empregar nas nosas aulas de xeito gratuíto e legal.

Para acceder á páxina do INTEF pinchade na fotografía.



Organizar os favoritos: Symbaloo

Symbaloo é unha ferramenta que nos permite crear un escritorio virtual e, así, poder acceder aos nosos favoritos en calquera ordenador.

Para acceder a Symbaloo por primeira vez, require que nos rexistremos de xeito gratuíto. Funciona coma unha conta de correo electrónico, creando unha conta de usuario e contrasinal.

Para ir á páxina oficial de Symbaloo pinchade na fotografía.



Para ver exemplos de Symbaloo creadas por docentes e con aplicacón na aula, pinchade nos debuxos.

  •  Sobre dragóns para infantil.
  •  Sobre prehistoria.
  • Sobre xogos e recursos musicais.