12 oct 2015

85 sitios nos que atopar App educativas


No Blog Crea y aprende con Laura, podemos atopar unha listaxe de lugares nos que buscar App de uso educativo.

Clases de informática

Estes días comezamos coas clases de informática por parte do Equipo TIC do colexio.

En Primaria, o obxectivo é fornecer ao alumnado das ferramentas necesarias para que se poidan desenvolver con soltura no uso das Novas Tecnoloxías aplicadas á educación: partes dun ordenador,  Linux, LibreOffice, ler e escribir, debuxar, crear presentacións…



En Infantil, traballamos coas tablets. Como tarefa, imos crear monstruíños. A través de diversas aplicacións, xogaremos coas figuras xeométricas, aumentando a dificultade sesión a sesión,  ata que ao final sexan capaces de crear eles mesmos os seus propios personaxes.